O luns 18 de novembro a partir das 16:30 co alumnado do Progama Universitario de Maiores da Universidade de Vigo (Escola de Enxeñeiros Industriais, Rúa Conde de Torrecedeira, 86, 36208, Vigo, Pontevedra), organizamos unha cata de chocolate de comercio xusto.
En que consiste? Aprenderemos que é o cacao e cal é a súa orixe; tipos de cacao así como o seu proceso de elaboración e por último, probaremos chocolates de comercio xusto con diferentes orixes.
A través do cacao aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.
Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org