Este venres 6 de xuño ás 16:30h terá lugar na nosa Tenda de Comercio Xusto de A Coruña a segunda sesión do proxecto “Ciclo de cine familiar: os dereitos da infancia”, unha iniciativa que busca xerar un espazo de encontro e reflexión para nenos, nenas e familias a través da proxección de curtametraxes e dinámicas participativas nas que fomentaremos os dereitos dos máis pequenos/as como temática transversal, promovendo a cultura da paz, a convivencia familiar e o respecto.
Nesta ocasión contaremos coa participación de familias da Fundación Juan Soñador A Coruña.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.