Somos Ponte en Movemento é unha proposta de cinema ambulante que percorre a provincia da man de Somos Ponte, un programa de actividades que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra: unha sesión de curtas especialmente seleccionadas para público familiar e mocidade e nas que o bo cine vai da man dos dereitos humanos.
Somos Ponte en Movemento ofrécenos a posibilidade de ver o mundo con outra perspectiva, feminista, inclusiva e solidaria, pero tamén un espazo de conversa e xogo e, por suposto!, pipocas de millo.
Continuamos en Forcarei, o 9 de decembro na Praza do Concello ás 17:00 horas .
