O día 25 de novembro ás 20:00 horas, chega «Cine na rúa e activismo rural» a Pastoriza (Lugo). Un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas.
A partir da proxección de 3 curtametraxes reflexionaremos sobre distintas problemáticas globais de actualidade e analizaremos posibles propostas dende o activismo xuvenil.
Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org.