O día 11 de agosto ás 18:30 horas volve «Cine na rúa e activismo rural» ao Teleclub de Bretoña (A Pastoriza). Un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas.
A partir da proxección de curtametraxes, reflexionaremos sobre problemáticas globais de actualidade, conectando estas realidades coa nosa contorna máis próxima e analizando propostas de cambio dende o activismo xuvenil.
Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org.

