O xoves 8 de agosto ás 20:00 horas, chega «Cine na rúa: Cine e Cooperación. Unha ventá ao mundo.» a Cabana de Bergantiños (A Coruña), será na Praza do Pendón. Un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas.
A partir da proxección de curtametraxes coñeceremos e dialogaremos sobre Cooperación Internacional e Solidariedade.
Esta iniciativa é posible grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, á colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños e ó financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org.