O día 22 de agoto ás 19:30 horas, chega «Cine na rúa e activismo rural» a Valdoviño (A Coruña). Un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas.
A partir da proxección dunha curtametraxe reflexionaremos sobre distintas problemáticas globais de actualidade e analizaremos posibles propostas dende o activismo xuvenil.
Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org.

