O día 29 de xullo ás 11:30 horas chega «Cine na rúa e activismo rural» a Viveiro. Un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas.
A partir da proxección de diversas curtametraxes reflexionaremos sobre distintas problemáticas globais de actualidade e analizaremos posibles propostas dende o activismo xuvenil.
Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org.

