O día 27 de outubro ás 12:00 horas chega «Cine na rúa e activismo rural» a Xinzo da Limia (Ourense). Un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas.
A partir da proxección dunha curtametraxe reflexionaremos sobre distintas problemáticas globais de actualidade e analizaremos posibles propostas dende o activismo xuvenil.
Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org.