Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Coloquio on-line «Defensoras de dereitos humanos fronte á COVID-19»

0 Comentario
691 Vistas

11 de xuño ás 19 horas terá lugar o coloquio online ‘Defensoras de dereitos humanos de Centroamérica fronte á Covid-19’. O espazo contará coa participación de tres activistas e defensoras de El Salvador, Guatemala e Nicaragua que compartirán como están vivindo elas e as súas comunidades as consecuencias sanitarias, sociais, económicas e políticas do coronavirus. Tamén, que efectos tivo a pandemia na loita pola defensa dos dereitos humanos.

Neste enlace>>> podedes facer efectiva a inscrición (un proceso moi sinxelo que nos permite ofrece seguridade ás defensoras que participan).  

Elas son:
• Haydée Castillo. Activista feminista, lideresa de procesos de fortalecemento de movementos sociais de Nicaragua e exiliada política en Estado Unidos. O goberno de Ortega ilegalizó a Fundación Instituto de Liderazgo de Las Segovias, organización de defensoría dos dereitos humanos da cal é presidenta e fundadora.
• Bianka Rodríguez. Activista trans e defensora de dereitos humanos de El Salvador. Presidenta e directora executiva de COMCAVIS Trans e premio Premio Nansen para as personas refuxiadas de ACNUR.
 Juventina López. Activista, mediadora de conflitos e guía espiritual de Guatemala. Presidenta da Asociación Indígena Agropecuaria Prodesarrollo Integral (ASIAPRODI) en Champerico.

Contará coa dinamización de María Paz, membro da Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD.

Detalles

Fecha:
junio 11, 2020
Hora:
21:00 - 22:30
Categoría del Evento:
Web:
https://galiciasolidaria.org/coloquio-online-defensoras-de-dereitos-humanos-de-centroamerica-fronte-a-covid-19/

Organizador

Coordinadora Galega de ONGD
Teléfono:
981 58 51 89
Web:
https://galiciasolidaria.org/