Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Feira «Comercio con Sentido» Pontecesures

0 Comentario
671 Vistas

Dentro da campaña #AquíeAcoláOXusto este venres 2 de xullo dende as 10:00 ata a 13:00 estaremos no concello de Pontecesures, na Praza do Coche de Pedra, coa feira «Comercio Con Sentido».

Os e as asistentes á feira poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café.

A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans.

Ademais os/as asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.

Detalles

Fecha:
julio 2, 2021
Hora:
10:00 - 13:00
Categoría del Evento:

Local

Praza do Coche de Pedra
Pontecesures
Pontecesures, Pontevedra España