Saímos á rúa en Pontevedra!
O sábado 22 de maio celebrarase nas prazas da Peregrina e da Ferreria unha feira protagonizada por distintos comercios pontevedreses. O obxectivo do evento é dar a coñecer todo o que as tendas da cidade poden ofrecer, sacando os comercios dos seus locais ás prazas máis transitadas da cidade e, por suposto, a nosa tenda de Comercio Xusto participará do evento.
Dende as 12:00 e ata as 21:00 horas poderás atoparnos na praza da Peregrina con produtos e información sobre o Comercio Xusto e o seu impacto na vida de milleiros de persoas.
Agardámosche!