Danitza Luna, parte do Movemento feminista boliviano Mujeres Creando, preséntanos o seu libro: Conceptos fundamentais para as loitas feministas. Adaptación baseada en Calibán e a Bruxa de Silvia Federici.
A través desta obra, Danitza achéganos a estes importantes textos cunhas ilustracións que a dicir da Federici «están realizados con rabia, creatividade e humor». Partindo deste texto que é unha obra mestra, Danitza e Mujeres Creando trazáronse entre os seus obxectivos achegar, des-elitizar e democratizar os coñecementos producidos polos feminismos.
Será o luns, 4 de decembro ás 18:30 na Libraría Lila de Lilith (Santiago de Compostela).
Solidariedade Internacional de Galicia traballa acompañando a Mujeres Creando nas súas loitas a través de proxectos de Cooperación Internacional e, coa súa presenza en Galicia, pretendemos visibilizar e poñer en valor a trascendencia do seu traballo e favorecer espazos de intercambios de experiencias no ámbito da loita contra as violencias machistas.
+info en direccion@solidaridadgalicia.org