Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Coñecendo ao traballo de…Centro de Dereito de Mulleres CDM (Honduras). Ourense

0 Comentario
1012 Vistas

COÑECENDO AO TRABALLO DE….pretende ser un ciclo de encontros, a celebrar nas nosas Tendas de Comercio Xusto, a través dos cales coñecer e profundizar nas nosas entidades socias e o seu papel en cadanseus territorios.

Este próximo 10 de abril na nosa tenda de Ourense teremos con nós a Francis Delfina Bautista Bejarano e a Eunice Esther Núñez Escoto, ambas as dúas técnicas do 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐫𝐞𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐇𝐨𝐧𝐝𝐮𝐫𝐚𝐬 (@cdmhonduras), unha organización hondureña feminista que leva 25 anos promovendo o exercicio e o goce dos Dereitos Humanos das mulleres neste país.

  • Eunice é artista plástica especializada na promoción e defensa dos dereitos das mulleres, poboacións disidentes do sexo-xénero e dereitos culturais. Actualmente traballa como facilitadora do programa “Autonomía das mulleres mozas” do CDM.
  • Francis autodefínese como muller indíxena lenca. Traballa no CDM como consultora e facilitadora de procesos de formación sobre os dereitos das mulleres e capacitadora en procesos de violencias contra as mulleres. Tamén ten experiencia en liderazgo xuvenil e incidencia política en diversos espazos.

Neste faladoiro coñeceremos de primeira man o traballo que realizan, nunha conversa distendida entre as persoas asistentes.

Esta actividade enmárcase no proxecto @omundoquequeremos, que dende SIG levamos a cabo xunto con @acpp_galicia@agareso_ong

Este proxecto está financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Detalles

Fecha:
abril 10
Hora:
18:00 - 20:00
Categoría del Evento:

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org

Local

Tenda Solidariedade Internacional de Galicia en Ourense
España