Este martes, 9 de decembro, estaremos no CEIP Plurilingüe María Barbeito da Coruña coa actividade Contos do mundo: As viaxes de Irene, unha proposta que busca achegar á infancia coruñesa a realidade da Cooperación Internacional e a diversidade cultural doutros pobos do mundo.
A través dun contacontos teatralizado e sensorial, o alumnado de 2º de Primaria viaxará cos cinco sentidos por países como Líbano, Xordania ou Palestina, acompañando a Irene, unha nena filla de cooperantes que compartirá contos, lendas populares e vivencias recollidas nos lugares que visita polo traballo dos seus pais.
Este proxecto é posible grazas ao apoio do Concello da Coruña.

