Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Contos do Mundo. A Coruña

0 Comentario
988 Vistas

Este mércores, 10 de decembro, estaremos no CEIP Ramón de la Sagra da Coruña coa actividade Contos do mundo: As viaxes de Irene, unha proposta que busca achegar á infancia coruñesa a realidade da Cooperación Internacional e a diversidade cultural doutros pobos do mundo.

A través dun contacontos teatralizado e sensorial, o alumnado de 2º de Primaria viaxará cos cinco sentidos por países como Líbano, Xordania ou Palestina, acompañando a Irene, unha nena filla de cooperantes que compartirá contos, lendas populares e vivencias recollidas nos lugares que visita polo traballo dos seus pais.

Este proxecto é posible grazas ao apoio do Concello da Coruña.

Detalles

Fecha:
diciembre 10, 2025
Hora:
09:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Local

CEIP Ramón de la Sagra

Organizador

Concello de A Coruña