Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Día Mundial do Comercio Xusto

0 Comentario
607 Vistas
No Día Mundial do Comercio Xusto, reivindicamos unha recuperación económica humana e sostible no post- COVID.
Coa declaración “Reconstruamos con Xustiza” as organizacións de Comercio Xusto facemos un chamamento a representantes políticos e institucións internacionais para que a recuperación da economía e o comercio na era post- COVID priorice os Dereitos Humanos, a protección do planeta e os valores do Comercio Xusto e a Economía Solidaria. Pedimos unha transformación do modelo económico que diminúa as desigualdades sociais e free a emerxencia climática.
Animámosche a participar no Día Mundial do Comercio Xusto e mostrar o teu apoio ás nosas reivindicacións. Moitas persoas e organizacións demandamos un cambio de rumbo cara a outro modelo global, outro sistema económico que poña ás persoas e o medio ambiente como prioridade e que se base en valores e principios de xustiza, equidade e sustentabilidade.

 

Detalles

Fecha:
mayo 8, 2021
Hora:
01:00 - 00:59
Categoría del Evento: