Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Diálogo sobre Educación para a Cidadanía Global na escola; realidades e propostas

0 Comentario
855 Vistas

Solidariedade Internacional de Galicia e o Grupo de Investigación ECIGAL organizamos os próximos 7 e 9 de xuño de 17:00h a 20:00h o seminario en liña «Diálogo sobre Educación para la Ciudadanía Global en la escuela: realidadesy propuestas«.

Estas xornadas teñen como obxectivo principal compartir e dialogar sobre os resultados iniciais da investigación Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish Schools (Mapeo de experiencias de Educación para a Cidadanía Global Crítica en escolas españolas), levada a cabo polo grupo, na que participaron 20 docentes de Educación Primaria, 20 docentes de universidade e 17 ONGs das 17 comunidades autónomas do estado español. Así mesmo, pretendemos promover a visibilización e recoñecemento de experiencias de ECG, a través do Mapa Cénit, para tecer redes de colaboración.

As xornadas están dirixidas tanto ás persoas participantes na investigación como a persoal de ONGD e docentes de todo o territorio nacional con interese en incorporar a ECG na escola.

Consulta o Programa Completo premendo aquí

Inscríbete de balde na seguinte ligazón: http://ir.gl/fe2

Detalles

Fecha:
junio 9
Hora:
17:00 - 20:00
Categoría del Evento:

Local

Virtual