Celebración do acto de entrega do III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL, un galardón co que se queren recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Nesta terceira edición presentáronse 23 candidaturas (2 correspondentes á Categoría A. Educación Infantil e Primaria, 9 correspondentes á Categoría B. E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas, e 12 correspondentes á Categoría C. Ensinanzas universitarias). Todas elas poden consultarse na plataforma do Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global.
Finalemente os galardoados foron; CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela), IES Luís Seoane (Pontevedra), e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (Campus da Coruña) .
Representantes das tres experiencias educativas recollerán os seus premios nun acto amenizado por Leti da Taberna que se celebrará na sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta (Santiago de Compostela).
Se queres asistir ao acto aínda estás a tempo de participar, tan só tes que confirmar a túa asistencia no 650984188 ou no email premiogalegoed@galiciasolidaria.org. Esperámoste!!
Esta é unha inciativa financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

