Celebración do acto de entrega do II PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL, un galardón co que se queren recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Nesta segunda edición presentáronse 15 candidaturas (3 correspondentes á Categoría A. Educación Infantil e Primaria; 5 correspondentes á Categoría B. E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; 7 correspondentes á categoría C. Ensinanzas Universitarias). Todas elas poden consultarse na plataforma do Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global.
Finalemente os galardoados foron; CEIP Sada y sus contornos (Sada), IES Carlos Casares (Viana do Bolo), e a Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol).
Representantes das tres experiencias educativas recollerán os seus premios nun acto amenizado por Fran Rei que se celebrará na sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta (Santiago de Compostela).
Prégase confirmación do número de asistentes antes do 17 de marzo no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org ou no teléfono 650984188. Esperamos que poidades participar.
Esta é unha inciativa financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.