Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Do evellecemento activo ao envellecemento activista

0 Comentario
844 Vistas

A Universidade Sénior e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste Proxecto que será desenvolvido no campus da Coruña, durante os meses de novembro e decembro de 2020. Inscrición on-line do 31 de outubro ao 8 de novembro

Universidade Sénior e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste Proxecto durante os meses de novembro e decembro de 2020, que será desenvolvido no campus da Coruña.

Obxectivo Xeral:

  • Contribuír á formación integral das persoas maiores de 55 anos de Galicia para exercer a cidadanía global, promovendo especialmente a súa participación social e voluntariado.

Obxectivos específicos:

  • Capacitar en ferramentas de Educación para a Cidadanía Global e a Participación Social ás persoas maiores de 55 anos das 4 provincias galegas.
  • Empoderar ás persoas maiores de 55 anos de Galicia como suxeitos políticos.
  • Ofrecer espazos de participación social e cidadá ás persoas maiores da nosa comunidade.
  • Crear sinerxías entre as persoas maiores e as organizacións do terceiro sector da cooperación galega abrindo espazos onde podan desenvolver voluntariado.

Un proceso formativo vencellado coa Educación para a Cidadanía Global e a Participación Social, composto por 8 horas de traballo, distribuídas en 3 Obradoiros presenciais, de 2 horas, na Aula 1 da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda, 47, 1º) na  Coruña, e un Encontro Final, de carácter virtual.

  • Obradoiro I: Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. 19 de novembro, 17 a 19 h.

Unha mirada global das problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e as relacións de interdependencia e a corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.

  • Obradoiro II: Participación Social, Mobilización Social e Voluntariado. 26 de novembro, 17 a 19 h.

Distintos xeitos e alternativas de participación que teñen as persoas maiores na actualidade así como unha metodoloxía de participación propia de Solidariedade Internacional de Galicia que poderán poñer en práctica no último obradoiro.

  • Obradoiro III: Actuar para transformar. 3 de decembro, 17 a 19 h.

Para levar á práctica o aprendido nos obradoiros previos, nun pequeno traballo conxunto: deseñar unha micro‐experiencia de transformación social que teña que ver cos contidos abordados e vencellada ás relacións de interdependencia entre o Global e o Local.

  • Encontro Final, o 19 de decembro, de peche do proxecto, de 11 a 14 h., e carácter virtual debido á situación socio‐sanitaria.

A idea é que as persoas participantes podan poñerse en contacto cos outros grupos de maiores das outras universidades galegas participantes xerando sinerxías, que compartan a súa micro‐experiencia de transformación social deseñada e que podan tamén coñecer de primeira man a testemuña dunha persoa dun país empobrecido que é referente e exemplo de participación social nunha contorna de máxima vulnerabilidade.

INSCRICIÓN: As prazas son limitadas (25 participantes), tendo preferencia os alumnos/as matriculadas na Universidade Sénior no curso 2020-2021, e serán asignadas por orde de inscrición.
A inscrición, que é gratuíta, só poderá realizarse mediante formulario electrónico no seguinte prazo: do 31 de outubro a 8 de novembro, a través da páxina web: www.udc.gal/senior

Envellecemento activista

Detalles

Fecha:
noviembre 26, 2020
Hora:
17:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Universidad Senior
A Coruña,

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org