Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Premio Galego de Educación para a Cidadanía Global

0 Comentario
600 Vistas

Acto de entrega do I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

O CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero foron os gañadores do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD que naceu en 2020 para recoñecer experiencias educativas que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

 

O día 8 de abril a partir das 18:30 horas celebrarase un acto virtual do que participarán o conxunto dos centros educativos participantes nesta convocatoria que ten como finalidade compartir, visibilizar e recoñecer a labor do profesorado e o alumnado na promoción dunha cidadanía comprometida e activa coa loita pola igualdade e a xustiza social.

Detalles

Fecha:
abril 8
Hora:
18:30 - 20:00
Categoría del Evento:

Organizadores

Solidariedade Internacional de Galicia
Coordinadora Galega de ONGD