Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Do evellecemento activo ao envellecemento activista. Lugo

0 Comentario
839 Vistas

O IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste Proxecto que será desenvolvido no campus da Lugo. Inscrición on-line ata o 26 de marzo.

A Universidade de Santiago de Compostela e a ONG Solidariedade Internacional Galicia colaboran neste Proxecto durante o mes de abril de 2021, que será desenvolvido no campus de Lugo.

Obxectivo Xeral:

  • Contribuír á formación integral das persoas maiores de 55 anos de Galicia para exercer a cidadanía global, promovendo especialmente a súa participación social e voluntariado.

Obxectivos específicos:

  • Capacitar en ferramentas de Educación para a Cidadanía Global e a Participación Social ás persoas maiores de 55 anos das 4 provincias galegas.
  • Empoderar ás persoas maiores de 55 anos de Galicia como suxeitos políticos.
  • Ofrecer espazos de participación social e cidadá ás persoas maiores da nosa comunidade.
  • Crear sinerxías entre as persoas maiores e as organizacións do terceiro sector da cooperación galega abrindo espazos onde podan desenvolver voluntariado.

Un proceso formativo vencellado coa Educación para a Cidadanía Global e a Participación Social, composto por 8 horas de traballo, distribuídas en 3 Obradoiros presenciais, de 2 horas, os días 9, 16 e 23 de abril de 11:00-13:00h na Facultade de Formación do Profesorado

  • Obradoiro I: Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. 

Unha mirada global das problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e as relacións de interdependencia e a corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.

  • Obradoiro II: Participación Social, Mobilización Social e Voluntariado. 

Distintos xeitos e alternativas de participación que teñen as persoas maiores na actualidade así como unha metodoloxía de participación propia de Solidariedade Internacional de Galicia que poderán poñer en práctica no último obradoiro.

  • Obradoiro III: Actuar para transformar. 

Para levar á práctica o aprendido nos obradoiros previos, nun pequeno traballo conxunto: deseñar unha micro‐experiencia de transformación social que teña que ver cos contidos abordados e vencellada ás relacións de interdependencia entre o Global e o Local.

INSCRICIÓN: no teléfono 881814588 ou no e-mail ivciclo@usc.es

Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Detalles

Fecha:
abril 9, 2021
Hora:
11:00 - 13:00
Categoría del Evento:

Local

Universidad Senior
A Coruña,

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org