A USC acolle a exposición «O importante é participar», un traballo impulsado pola alumna Inés Merayo en colaboración co estudantado da Facultade de Ciencias da Educación no marco de O Globo que recolle unha selección fotográfica para animar á participación estudantil a través de experiencias exemplarizantes da historia democrática da USC.
Desde o día 23 de marzo a exposición poderá ser visitada baixo a escaleira da Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación (Campus Sur). Neste primeiro día, as participantes do curso farán dúas visitas guiadas ás 11:30h e ás 12h, nas que non só explicarán algunhas das históricas imaxes do movemento estudantil compostelán, senón que animarán ao estudantado a mobilizarse como estudantes e como cidadanía comprometida.
Esta é unha inciativa financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.