Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Feira #AquíeAcoláOXusto O Barco de Valdeorras

0 Comentario
915 Vistas

Dentro da campaña #AquíeAcoláOXusto este sábado 20 de decembro dende as 11:00 ata a 14:30 estaremos no Concello de O Barco de Valdeorras, na Praza do Príncipe, coa feira #AquíAcoláOXusto.

Os e as asistentes á feira poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café.

A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans.

Ademáis o público asistente tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

Detalles

Fecha:
diciembre 20, 2025
Hora:
10:00 - 13:30
Categoría del Evento:

Local

Praza Príncipe
España

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org