Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Feira “Comercio con-sentido”

0 Comentario
1080 Vistas

No marco do programa Compostela + Solidaria, o 8 de outubro terá lugar a feira ‘Comercio con-sentido’. Será de 17 a 20 horas na praza Roxa de Compostela e estará dirixida a todos os públicos.

Con esta Feira dende Solidariedade Internacional Galicia  daremos a coñecer o comercio xusto. Con distintas propostas, informará sobre a orixe, produción e características do cacao, o café e o azucre e sobre os problemas que afrontan as persoas que os producen ata que chegan ás nosas mans (barreiras arancelarias, patentes, explotación laboral, danos ambientais, etc.).

A Feira tamén permitirá observar as diferenzas entre as variedades dos produtos así coma o froito, árbore e planta da que proceden. Tamén haberá unha degustación de cacao, café, e azucre!

Feira “Comercio con-sentido”

Detalles

Fecha:
octubre 8, 2020
Hora:
17:00 - 20:00
Categoría del Evento:
Web:
https://galiciasolidaria.org/actividade/feira-comercio-con-sentido/

Organizadores

Coordinadora Galega de ONGD
Solidariedade Internacional de Galicia