Alumnado de
ATEGAL en Vigo participará dunha feira de mostras sobre o Comercio Xusto.
A través da montaxe e dinamización dunha feira de Comercio Xusto achegarémonos á realidade de tres produtos: o café, o cacao e o azucre de caña. A Feira contará con exposicións e degustacións que servirán para afondar sobre a orixe, produción, comercialización, características e variedades destes produtos, así coma coñecer os problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que estes chegan ás nosas mans como consumidores finais.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.
Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org