O Globo promove unha nova formación virtual orientada á promoción de protagonismos, individuais e colectivos, alternativos, positivos e eficaces na transformación articulada da actual sociedade.
A proposta
Dirixida a particulares e colectivos que queran mellorar os seus coñecementos e habilidades en participación social.
A docente encargada de impartilo será a nicaragüense Haydée Castillo, profesional con máis de trinta anos de experiencia internacional na defensa de Dereitos Humanos. Consultora internacional en Políticas Públicas, Participación Cidadá e Democracia e forzada ao exilio e ex presa política en outubro do 2018, actualmente serve como fundadora e membro activo do Consello Político «Unidad Nacional Azul y Blanco», que naceu a instancias dos movementos autoconvocados do pobo nicaraguano na rebelión popular de abril de 2018.
Inscrición
A inscrición nesta formación pódese realizar a inscrición a través desta ligazón e é de balde para as persoas interesadas.
+ info en direccion@solidaridadgalicia.org