Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Formación O Globo. Profesorado

0 Comentario
1316 Vistas

Dende O Globo poñemos en marcha unha nova edición do Curso de formación para profesorado.

Trátase dun curso totalmente gratuíto que consta de 20 horas de formación homologable pola Consellería de Educación, das cales 12h serán presenciais (repartidas en 2 sesións) e 8h de traballo autónomo.

Os contidos a traballar enmárcanse no paradigma da Educación para a Cidadanía Global (ECG), e permitirannos afondar na promoción da Participación Social dende as aulas coa metodoloxía de O Globo, polo que se tratará dunha formación eminentemente práctica e que ten como marco de referencia a Axenda 2030 (a propia LOMLOE recolle na Disposición adicional VI  o deber do profesorado de formarse nas metas establecidas na Axenda 2030 para o 2025).

A primeira sesión terá lugar o sábado, 20 de xaneiro, de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h, e a segunda sesión desenvolverase o venres, 8 de marzo, de 16:30h a 20:30h, ambas as dúas na EGAP (Escola Galega de Administración Pública).

Se o desexas, podes inscribirte aquí.

Para máis información, podes poñerte en contacto mediante enviando un e-mail a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org.

Detalles

Fecha:
enero 20
Categoría del Evento:

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org

Local

EGAP
Rúa de Madrid, 2-4
Santiago de Compostela, A Coruña