Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Grupo de estudio SIG. Feminismo bastardo.

0 Comentario
959 Vistas

En Solidariedade Internacional de Galicia estamos de estrea!

Para seguir fortalecendo a nosa organización, presentamos unha nova proposta que pretende ofrecer espazos de reflexión a todas as persoas membro da entidade co fin de promover e fortalecer a súa participación. Falamos dos grupos de estudio, metodoloxía que rescatamos do traballo que realiza Mujeres Creando, socia local de SIG en Bolivia. Os grupos de estudio son espazos creados “ad hoc” aos que son convidadas o conxunto de persoas dunha entidade para debater e reflexionar sobre un tema concreto de interese. A fortaleza destes espazos radica na apertura á participación de todas as persoas a unha reflexión que, dun xeito horizontal, e a partir de lecturas previas sobre preocupacións comúns, poden expresar, comunicar e compartir diversos puntos de vista para estudiar de xeito colectivo unha cuestión concreta.

Comezamos o venres, día 21 e de xeito virtual, cun primer grupo de estudio que, nesta ocasión adicaremos a textos extraidos do libro de Maria Galindo, Feminismo Bastardo.

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamente da Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Podes solicitar máis información en direccion@solidaridadgalicia.org.

Detalles

Fecha:
octubre 21, 2022
Hora:
18:30 - 20:30
Categoría del Evento:

Local

Virtual

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org