Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Grupo de estudio SIG. Participación social

0 Comentario
926 Vistas

Para seguir fortalecendo a nosa organización, presentamos unha proposta que pretende ofrecer espazos de reflexión a todas as persoas membro da entidade co fin de promover e fortalecer a súa participación. Falamos dos grupos de estudio, metodoloxía que rescatamos do traballo que realiza Mujeres Creando, socia local de SIG en Bolivia. Os grupos de estudio son espazos creados “ad hoc” aos que son convidadas o conxunto de persoas dunha entidade para debater e reflexionar sobre un tema concreto de interese. A fortaleza destes espazos radica na apertura á participación de todas as persoas a unha reflexión que, dun xeito horizontal, e a partir de lecturas previas sobre preocupacións comúns, poden expresar, comunicar e compartir diversos puntos de vista para estudiar de xeito colectivo unha cuestión concreta.

De novo, o día 27 de outubro e de xeito virtual, reunímonos no segundo grupo de estudio que, nesta ocasión adicaremos a textos extraidos do estudo sobre a participación da mocidade en Galicia realizado pola nosa entidade ao longo do ano 2021.

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamente da Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Podes solicitar máis información en direccion@solidaridadgalicia.org.

Detalles

Fecha:
octubre 27, 2022
Hora:
16:30 - 18:30
Categoría del Evento:

Local

Virtual

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org