Os días 24 e 25 de outubro, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, terá lugar o I CONGRESO DE ECONOMÍA SOCIAL E SOLIDARIA en Galicia, un espazo de debate, reflexión e creación colectiva que permita recoñocer e situar a Economía Social e Solidaria como un axente clave para unha transformación social, ambiental e económica máis xusta e equitativa.
Se queres saber máis, consulta aquí o programa.
Para axudar a unha mellor organización, podes inscribirte neste enlace.
Esta actividade é organizada pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia e conta co apoio da Rede Eusumo.
Esperamos vernos pronto!

