Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

I Congreso de Economía Social e Solidaria. Santiago

0 Comentario
1509 Vistas

Os días 24 e 25 de outubro, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, terá lugar  o CONGRESO DE ECONOMÍA SOCIAL E SOLIDARIA en Galicia, un espazo de debate, reflexión e creación colectiva que permita recoñocer e situar a Economía Social e Solidaria como un axente clave para unha transformación social, ambiental e económica máis xusta e equitativa.

Se queres saber máis, consulta aquí o programa.

Para axudar a unha mellor organización, podes inscribirte neste enlace.

Esta actividade é organizada pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia e conta co apoio da Rede Eusumo.

Esperamos vernos pronto!

Detalles

Fecha:
octubre 24, 2024
Hora:
16:00 - 20:00
Categoría del Evento:

Organizador

REAS GALICIA
Web:
https://www.facebook.com/REAS.Galicia

Local

Museo do Pobo Galego
Santiago, España