O vindeiro 12 de decembro no Edificio Fórum de Carballo, imos congregarnos para mudar a economía e as lóxicas do mercado. Se compartes os valores da Economía Social e Solidaria (ESS) e esta vontade transformadora, sería unha regalía poder contar coa túa experiencia e achegas para trazar o cambio.
Se te moven os mesmos principios e queres saber máis sobre o movemento da ESS, encantaríanos coñecerte e que compartises as túas ideas, inquedanzas, proxectos e necesidades.
Todas as cabezas son benvidas e necesarias!
Durante a xornada, compartiremos os saberes adquiridos e as leccións aprendidas e procuraremos inspiración noutras experiencias e noutros territorios para artellar, entre todas, un mercado social, solidario e certeiro.
Convidámoste a lle botar un ollo ao programa que temos preparado na seguinte ligazón, e a inscribirte para saber se contaremos coa túa asistencia: bit.ly/congresoESS25
Reparaches na proposta do REAScunchiño? Nel, poderás ter o teu momento para presentar a túa entidade, proxecto ou iniciativa que queres botar adiante para a procura de colaboracións ou apoios nas vendas, difusión ou posta en marcha. Agardamos con ansia e ilusión a túa participación nel, anótate no formulario de inscrición!
Difunde e estende este convite entre a túa rede de contactos, pois cantas máis sexamos, máis rico será este proceso de construír outro modelo económico, un que poña a vida no centro.
Agardamos vernos en Carballo para construír conxuntamente!
E se non che é posible achegarte fisicamente, poderás seguir o evento en directo en: youtube.com/@REASGalicia
Saúde e ESS!

