Na feira de Carballo tamén haberá Economía Social e Solidaria!
A carpa da praza do concello será un espazo de mostra e encontro de entidades, proxectos e colectivos que traballan por un modelo económico alternativo, comprometido co benestar da comunidade e o coidado do territorio.
Fica atenta ao gorentoso programa de actividades que estamos a cociñar para grandes e pequenas ao longo da xornada.
Achégaste a coñecernos e tecer o cambio cara unha economía máis sostible, xusta e centrada nas persoas?

