Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Intercambio de experiencias sobre modelos de comercialización alternativos. Jocoaitique, El Salvador.

0 Comentario
1341 Vistas

O martes 16 de xullo de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar virtualmente o «Intercambio de experiencias sobre modelos de comercialización alternativos que reconozcan el trabajo de las personas productoras de alimentos».

Neste intercambio participarán desde El Salvador produtoras e produtores do municipio de Jocoaitique e ademais:

  • Zaida Calvo, de Solidariedade Internacional de Galicia e responsable da área de Comercio Xusto, que fará unha primeira aproximación a este modelo de comercialización alternativo dende un enfoque de traballo digno e sostible social e medioambientalmente.
  • Manuel González, membro de Sachos á Rúa. Unha asociación galega adicada á defensa e promoción da agroecoloxía e que impulsan procesos de comercialización directa.
  • Catarina Lux, promotora de comercialización campesiña da comunidade La Faña en Uspantán, Quiché (Guatemala), que incidirá no traballo que veñen realizando nos últimos anos para a transformación e comercialización da súa produción agrícola.

Esta actividade forma parte do proxecto en El Salvador que baixo o título «Promoción de la soberanía alimentaria, mejorando la calidad de vida de mujeres y hombres de los municipios de Jocoaitique y Meanguera, El Salvador» pretende (entre outros obxectivos) mellorar as capacidades locais para o intercambio e  comercialización da produción comunitaria nos 2 municipios de intervención. Proxecto en colaboración coa organización Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud (ASPS).

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Detalles

Fecha:
julio 16, 2024
Hora:
17:00 - 19:00
Categorías del Evento:
, ,