O mércores 17 de xullo de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar virtualmente o «Intercambio de experiencias sobre modelos de comercialización alternativos que reconozcan el trabajo de las personas productoras de alimentos».
Neste intercambio participarán desde El Salvador produtoras e produtores do municipio de Meanguera e ademais:
- Zaida Calvo, de Solidariedade Internacional de Galicia e responsable da área de Comercio Xusto, que fará unha primeira aproximación a este modelo de comercialización alternativo dende un enfoque de traballo digno e sostible social e medioambientalmente.
- Manuel González, membro de Sachos á Rúa. Unha asociación galega adicada á defensa e promoción da agroecoloxía e que impulsan procesos de comercialización directa.
- Catarina Lux, promotora de comercialización campesiña da comunidade La Faña en Uspantán, Quiché (Guatemala), que incidirá no traballo que veñen realizando nos últimos anos para a transformación e comercialización da súa produción agrícola.
Esta actividade forma parte do proxecto en El Salvador que baixo o título «Promoción de la soberanía alimentaria, mejorando la calidad de vida de mujeres y hombres de los municipios de Jocoaitique y Meanguera, El Salvador» pretende (entre outros obxectivos) mellorar as capacidades locais para o intercambio e comercialización da produción comunitaria nos 2 municipios de intervención. Proxecto en colaboración coa organización Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud (ASPS).
Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

