Un ano máis, participamos no mercado ecolóxico e artesanal de Bueu! Celebrarase na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas entre as once da mañá e as oito da tarde.
Poderás atopar os nosos produtos de Comercio Xusto xunto cunha vintena de postos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais, tamén haberá obradoiros para a cativada e persoas adultas, demostración de coctelería e charlas.
Achégate!