Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

I Xornadas Galegas sobre Protección a Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos

0 Comentario
850 Vistas

Dende Solidariedade Internacional de Galicia e en coordinación coa Coordinadora Galega de ONGD e a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia estamos a programar a celebración das I Xornadas galegas sobre Protección e Defensoría de Mulleres Defensoras de DDHH.

Tanto polo traballo impulsado desde a CGONGD nos últimos dous anos, como pola propia experiencia de traballo de SIG, temos especial interese en que na nosa comunidade autónoma se promova un programa de protección similar a outros que existen no resto do territorio español pero adaptado ás necesidades e capacidades do sector galego. Neste sentido xorden a estas xornadas que aspiran a ser o impulso definitivo á devandita iniciativa.

O obxectivo é realizar unha sesión de traballo cun enfoque moi práctico no que coñecer outras experiencias existentes e, a través da participación de axentes chave do sector galego, perfilar un documento que sirva como punto de partida para unha pilotaxe en Galicia.

A xornada tería lugar o vindeiro xoves, 24 de marzo na cidade de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa conta co financiamento do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación a través da convocatoria de subvencións para a celebración de congresos, seminarios e xornadas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.

Defender a quen defende é tamén a nosa misión!

Detalles

Fecha:
marzo 24, 2022
Categoría del Evento:

Local

CEA
Santiago de Compostela, España