Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Mujeres Creando en A Coruña

0 Comentario
1011 Vistas

Temos o pracer de anunciar a visita de tres representante do colectivo feminista MUJERES CREANDO de Bolivia, un dos movementos feministas máis importantes en América Latina tanto polo seu traballo directo con mulleres vítimas de diversas violencias (sexual, económica, laboral…) como pola sua acción política e social neste eido.

En concreto visitarannos Raiza Zeballos (psicóloga responsable do programa Mujeres en Busca de Justicia), Mayra Rojas (avogada feminista recoñecida polo seu traballo contra a usura bancaria) e Emilana Quispe (responsable do comedor da casa La Virgen de los Deseos). As tres representan unha visión ampla, plural e diversa deste importante movemento feminista no contexto latinoamericano.

Solidariedade Internacional de Galicia traballa acompañando a Mujeres Creando nas súas loitas a través de proxectos de Cooperación Internacional e, coa súa presenza en Galicia, pretendemos visibilizar e poñer en valor a trascendencia do seu traballo  e favorecer espazos de intercambios de experiencias no ámbito da loita contra as violencias machistas.

En A Coruña, o día 25 de novembro presentarán o seu traballo na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC) de  ás 17:30.

Haberá tamén actos en Santiago,  o día 23 na Libraría Lila de Lilith ás 19:30 horas e en Lugo, o día 26 no Vello Cárcere ás 18:00.

Esta visita é posible grazas ao financiamento do Concello de A Coruña.

Podes solicitar máis información en direccion@solidaridadgalicia.org.

Detalles

Fecha:
noviembre 25, 2022
Hora:
17:30 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Normal
Paseo da Ronda, 47
A Coruña,

Organizadores

Solidariedade Internacional de Galicia
Universidade da Coruña