Este sábado 20 de decembro estamos no Concello de O Barco de Valdeorras, ás 12:00 na Praza de Abastos, ca proxección da curtametraxe documental “Os pousos do café”, a través da cal nos achegaremos ao Comercio Xusto dende a perspectiva dunha caficultora en orixe.
Os asistentes coñecerán o movemento social do Comercio Xusto como alternativa comercial que pon no centro aos seres humanos e a sustentabilidade social, económica e ambiental das sociedades.
A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

