Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Os pousos do café. Lugo

0 Comentario
1408 Vistas

Este xoves 23 de maio estamos en Lugo, na Praza Anxo Fernández Gómez ca proxección da curtametraxe documental “Os pousos do café”, a través da cal nos achegaremos ao Comercio Xusto dende a perspectiva dunha caficultora en orixe.

Os asistentes coñecerán o movemento social do Comercio Xusto como alternativa comercial que pon no centro aos seres humanos e a sustentabilidade social, económica e ambiental das sociedades.

Poderemos degustar un exquisito café de Comercio Xusto.

Esta actividade está financiada polo Concello de Lugo.

Detalles

Fecha:
mayo 23, 2024
Hora:
17:00 - 20:00
Categorías del Evento:
,