Este venres 8 de agosto estamos no Concello de Narón dentro da programación do Festival Gullivert Fest, ca proxección da curtametraxe documental “Os pousos do café”, a través da cal nos achegaremos ao Comercio Xusto dende a perspectiva dunha caficultora en orixe.
Os asistentes coñecerán o movemento social do Comercio Xusto como alternativa comercial que pon no centro aos seres humanos e a sustentabilidade social, económica e ambiental das sociedades.
Poderemos degustar un exquisito café de Comercio Xusto.
A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

