Para contestar a estas e outras preguntas, o 6 de outubro, ás 20:00 horas, na cidade de Ourense, a nosa tenda de comercio xusto acollerá a obra de teatro ‘Vaia tea’ no marco da campaña #AquíeAcoláOXusto.
Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.
As entradas son de balde e poden reservarse no mail info@solidaridadgalicia.org ou no teléfono 988 044 059.
Actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.