O mércores 29 de maio a partir das 16:30 co alumnado do Proxecto de Democratización do Coñecemento do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (Biblioteca Municipal, Praza de España, s/n, Monforte, Lugo) organizamos un obradoiro práctico sobre a educación para a cidadanía global e a cooperación internacional.
En que consiste? Aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.
Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org