Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Quen quere ser millonario/a? Xermade

0 Comentario
866 Vistas

O mércores 15 de maio a partir das 16:30 co alumnado do Proxecto de Democratización do Coñecemento do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (Biblioteca municipal, Av. Villalba, s/n, Xermade, Lugo) organizamos un obradoiro práctico sobre a educación para a cidadanía global e a cooperación internacional.

En que consiste? Aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.

Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Máis información en:  educacion@solidaridadgalicia.org

Detalles

Fecha:
mayo 15
Hora:
16:30 - 18:00
Categoría del Evento:

Organizador

Biblioteca municipal, Av. Villalba, s/n, Xermade, Lugo