O martes 12 de novembro a partir das 10:30 co alumnado de ATEGAL en Padrón (no Centro Social do concello de Padrón- Campo do Souto, 2 -15900) organizamos un obradoiro práctico sobre a educación para a cidadanía global e a cooperación internacional.
En que consiste? Aportarase unha mirada global sobre as problemáticas sociais e medioambientais actuais, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.
Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org