E chegamos a O Couto coa proposta “Activismo Sénior: cooperación internacional e cidadanía global a partir dos 50” na aldea de O Couto (Ponteceso).
OBXECTIVO:
Contribuír á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidadanía global, promovendo a súa participación social.
DATAS: 12 e 13 de decembro de 2022 en horario de 17:00 a 19:00h
LUGAR: Sede da Fundación Eduardo Pondal (O Couto)
PROGRAMA:
1ª Sesión: A COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO E A AXENDA 2030
Achegarase unha mirada global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través da Cooperación internacional, a Cidadanía Global, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, os Dereitos Humanos e as relacións de interdependencia e corresponsabilidade como ferramentas de transformación social orientada ao exercicio da participación social das persoas maiores.
2ª Sesión: ACTUAR PARA TRANSFORMAR
Levarase á práctica o aprendido na sesión teórica, para elo o alumando coñecerá O Globo, como ferramenta de Participación Social, e desenvolverá colaborativamente unha micro-experiencia de transformación social.
As actividades forman parte do Programa de promoción da acción voluntaria das persoas maiores “Do envellecemento activo ao envellecemento activista”, desenvolvido pola nosa organización con alumnado sénior das catro provincias galegas grazas ao apoio e financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.