O luns 19 de maio a partir das 16:30 co alumnado do Proxecto de Democratización do Coñecemento do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (Salón de Actos do Centro Cívico · Paseo do Malecón, Monforte) organizamos:
SEMINARIO AXUDA HUMANITARIA, COOPERACIÓN INTERNACIONAL E CONFLITOS
Abordaremos os 30 anos de historia da cooperación galega, destacando o papel fundamental das ONGD neste proceso. Explicaremos a diferenza entre cooperación internacional e acción humanitaria, identificando os actores chave, os mecanismos de financiamento e os pasos para levar a cabo proxectos efectivos. Ademais, reflexionaremos sobre os valores que inspiran estas accións e a lexislación que regula o seu funcionamento, promovendo unha comprensión integral de como estas iniciativas contribúen a aliviar o sufrimento, promover o desenvolvemento e fomentar a paz en contextos de conflito e vulnerabilidade.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.
Máis información en: educacion@solidaridadgalicia.org


