Danitza Luna, parte do Movemento feminista boliviano Mujeres Creando, imparte un obradoiro de gráfica feminista en A Coruña.
«Danitza Luna creou hai máis de 10 anos unha metodoloxía de traballo que, de forma máxica e alucinante, logra que mulleres de todas as idades e condicións sociais imaxinables agarren follas de papel para plasmar en debuxos a súa réplica ao mundo e a sociedade que nos toca vivir. Son talleres de gráfica feminista para mulleres non entendidas no debuxo non para construír autoras, senón para construír relatos diferentes capaces de imaxinar un mundo diferente. Relatos gráficos que nos mostran que pensan esas mulleres que nunca teñen a oportunidade nin o espazo para tomar a voz». María Galindo
Será o martes, 5 de decembro ás 18:00 no Ateneo Bar Cultural (A Coruña).
Solidariedade Internacional de Galicia traballa acompañando a Mujeres Creando nas súas loitas a través de proxectos de Cooperación Internacional e, coa súa presenza en Galicia, pretendemos visibilizar e poñer en valor a trascendencia do seu traballo e favorecer espazos de intercambios de experiencias no ámbito da loita contra as violencias machistas.
Fai a túa inscrición en info@solidaridadgalicia.org